As e os emigrantes retornados beneficiaranse un ano máis das axudas da Xunta ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica-IEBT, que xa crearon 2.200 postos de alta cualificación

A axuda pretende incentivar ás empresas que contraten a persoas emigrantes retornadas xa que por cada contratación a este colectivo poderían recibir unha axuda de ata 8.000 euros, co que se favorece a súa integración laboral en Galicia.

O programa de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) é unha das 100 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna 2026
O programa de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) é unha das 100 medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna 2026
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024.

As e os emigrantes retornados contarán, un ano máis, co respaldo da Xunta de Galicia a través dunha serie de axudas destinadas ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT). Esta iniciativa, que xa contribuíu á creación de máis de 2.200 postos de traballo de alta cualificación, ten como obxectivo aproveitar neste ámbito as capacidades das e dos galegos retornados favorecendo a súa integración.

Para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento a Xunta concede apoios que van dos 6.000 aos 12.000 euros por persoa desempregada incorporada. A axuda mínima de 6.000 euros verase ampliada este ano ata os 8.000, por primeira vez, nos casos dunha ou dun emigrante retornado.

Ademais seguiranse a incrementar as achegas cun 25% extra acumulables no caso no que o centro de traballo se atope nun concello rural, entre outros supostos.

O programa de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) é unha das 100 medidas propostas pola Estratexia Galicia Retorna 2026 que, entre outras cosas, busca o fomento da empregabilidade das e dos emigrantes retornados, ofrecéndolles un marco de apoio único para o desenvolvemento de proxectos innovadores no sector tecnolóxico. A iniciativa IEBT, polo tanto, non só busca atraer e retener talento cualificado en Galicia, senón tamén dinamizar a economía local a través da innovación e do emprendemento tecnolóxico.

332 lecturas