Arranca o programa “Reencontros co Xacobeo” coa chegada dun centenar de galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos que desfrutarán do Camiño de Santiago

Esta iniciativa destínase a persoas vinculadas cos centros galegos de España e Europa, de xeito que sirve como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia.

As e os participantes coñecerán o patrimonio cultural e natural das zonas polas que transcorre o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen. 

  • Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
    Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
  • Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
    Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
  • Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
    Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
  • Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
    Imaxe desta tarde no aeroporto de Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2021.

O subdirector da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas, recibiu hoxe no aeroporto de Santiago de Compostela ás e aos participantes no programa de lecer “Reencontros co Xacobeo” que se desenvolverá ao longo da próxima semana en dous grupos, distribuídos en dous balnearios galegos. 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda continúa a reiniciar os programas de achegamento a Galicia das galegas e os galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo.

Este programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas aos centros galegos do exterior. 

O obxectivo desta actividade é que un centenar de galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos poidan coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento. 

A Secretaría Xeral quere así dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede. 

684 lecturas