Emigración e o instituto de consumo asesoran ao inmigrante dos seus dereitos como "colectivo vulnerable" de consumidores e usuarios

A través de foros formativos darase a coñecer á poboación extracomunitaria os seus dereitos como consumidores e usuarios dos distintos productos e servizos dirixidos de xeito específico ou preferente ao colectivo, facendo especial fincapé nas remesas bancarias.

O inmigrante cando chega ao noso país, o primeiro co que se atopa é con superar as barreiras culturais e idiomáticas, ao que ha de sumarse un proceso de adaptación a prácticas comerciais distintas.

Informarase e asesorasase a este “colectivo vulnerable” acerca de procedementos de reclamación e denuncia.

Listen to this page using ReadSpeaker
6 de outubro de 2009.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro- da Consellería de Economía e Industria-, veñen de asinar un acordo de colaboración destinado ao colectivo inmigrante en materia de consumo para o desenvolvemento de actuacións informativas, formativas e de orientación.

O obxectivo do presente convenio- que se extende ao longo do último trimestre do 2009- é asesorar á poboación extracomunitaria dos procedementos existentes para o cumprimento dos seus dereitos como consumidores e usuarios, e como “colectivo vulnerable”, na resolución de conflictos cotiás máis frecuentes aos que se enfrontan- especialmente no referido ao reenvío de remesas, outros servizos bancarios ou contratación telefónica-.

A través de catro foros formativos- nas localidades de Ribeira, Lugo, Sanxenxo e Ribadavia- tratarase de impulsar a adaptación da población estranxeira extracomunitaria aos hábitos de consumo e ao coñecemento do mercado en Galicia para favorecer, así, a súa integración social.

Así mesmo, daranse a coñecer ao colectivo as vías de reclamación e denuncia para esixir o cumprimento satisfactorio do servizo ao que, coma consumidor e usuario, ten dereito.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, na sinatura do acordo de colaboración polo que un milleiro de inmigrantes se beneficiarán de foros formativos en materia de consumo.

Superar barreiras culturais, idiomáticas e comerciais
O inmigrante cando chega ao noso país, o primeiro co que se atopa, na maioría dos casos, é con superar as barreiras culturais e idiomáticas. A esta realidade, ha de sumarse un proceso de adaptación a prácticas comerciais distintas, que supón, un necesario coñecemento dos seus novos dereitos como consumidores e usuarios.

O aluguer da vivenda, contratación de viaxes, servizos financieiros, compras financiadas, compras on-line, son algúns dos distintos productos e servizos dirixidos de xeito específico ou preferente ao colectivo, que pode considerarse desde o punto de vista do consumo, como un “vulnerable”.

Envío de cartos á familia
Galicia conta hoxe con 95.568 persoas extranxeiras. A crise económica dos últimos 18 meses, repercutiu negativamente no mercado laboral, que no caso da poboación estranxeira e acadou unha taxa de desemprego do 28,4%. Na actualidade 1.057.600 estranxeiros atópanse en paro, dos que máis de 500.000 sobreviven sen ningún tipo de axuda.

O grao de bancarización deste colectivo aínda non é moi alto:

  • Só o 32% ten a nómina domiciliada
  • Só o 8,5% ten concedido un préstamo
  • Só o 25% ten tarxeta de crédito

O envío de remesas, aínda que é un negocio atractivo para as entidades financeiras, é tamén un enganche para bancarizar unha poboación que demanda doutros produtos como cartillas de aforro, medios de pagamento, hipotecas, préstamos persoais, seguros de decesos e repatriacións, entre outros.

Estatísticamente, nos dous primeiros anos de estadía a poboación inmigrante céntrase en lograr un traballo estable, coa fin de poder enviar cartos á familia. Será a partir do quinto ano de residencia cando o colectivo comeza a contratar plans de pensións, financiar estudos dos seus fillos ou solicitar préstamos hipotecarios –estímase que un 20% hoxe están nesta situación-.

2180 lecturas