Emigración e economía e industria asesoran ao inmigrante en materia de consumo
O Foro de consumo destinado a inmigrantes:“Ti tamén eres consumidor defende os teus dereitos” continúa mañá en Rivadavia, tralas xornadas celebradas en Sanxenxo. Terá continuidade nas localidades de Ribeira e Lugo.
A través destas xornadas formativas darase a coñecer á poboación extracomunitaria os seus dereitos como consumidores e usuarios dos distintos productos e servizos dirixidos de preferente ao colectivo, facendo especial fincapé na contratación a distancia e telefonía ou nos productos bancarios.
Informarase e asesorasase a este “colectivo vulnerable” acerca de procedementos de reclamación e denuncia.
A Consellería de Economía e Industria- a través do Instituto Galego de Consumo- e maila Secretaría Xeral da Emigración inauguran mañá en Ribadavia o Foro de Emigración e Consumo- “Ti tamén eres consumidor defende os teus dereitos”, que pretende favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos en materia de consumo e facilitarlles tamén as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.
A través de catro foros formativos- nas localidades de Sanxenxo, Rivadavia, Ribeira e Lugo - tratarase de impulsar a adaptación da poboación estranxeira extracomunitaria aos hábitos de consumo e ao coñecemento do mercado en Galicia para favorecer, así, a súa integración social.
O obxectivo é asesorar á poboación extracomunitaria dos procedementos existentes para o cumprimento dos seus dereitos como consumidores e usuarios, e como “colectivo vulnerable”, na resolución de conflictos cotiás máis frecuentes aos que se enfrontan- especialmente no referido ao reenvío de remesas, outros servizos bancarios ou contratación telefónica-.
PROGRAMA
9.00 a 9.30 Recollida de documentación
9.30 a 10.00 INAUGURACIÓN a cargo de:
- ROGELIO MARTÍNEZ GONZÁLEZ, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense
- MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ, Presidenta do Instituto Galego de Consumo
- ANTONIO AGUARÓN TURRIENTES, Subdirector de Inmigración e Retorno da Secretaría Xeral da Emigración
- ISABEL GARRIDO BLANCO, Presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios do Ribeiro-ACUR
10.00 a 11.00 OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES. INFORMACIÓN, PUBLICIDADE E PREZOS.
ANTONIO AGUARÓN TURRIENTES. Subdirector Xeral do Retorno e da Inmigración.
11.00 a 11.30 Pausa/café
11.30 a 12.30 A CONTRATACIÓN A DISTANCIA E TELEFONÍA
RAQUEL GOYANES PRADO, experta en Dereito de Consumo
12.30 a 13.30 PRODUTOS BANCARIOS BÁSICOS PARA O INMIGRANTE
JOAQUÍN ÁLVAREZ DOMATO. Técnico do Instituto Galego de Consumo
13.30 a 14.00 CLAUSURA DO FORO
Novas relacionadas