Emigración e economía e industria poñen en marcha o I Foro de consumo destinado a inmigrantes

“Ti tamén eres consumidor defende os teus dereitos” iniciase mañá en Sanxenxo e terá continuidade nas localidades de Ribeira, Lugo e Ribadavia.

A través destes foros formativos darase a coñecer á poboación extracomunitaria os seus dereitos como consumidores e usuarios dos distintos productos e servizos dirixidos de preferente ao colectivo, facendo especial fincapé na contratación a distancia e telefonía ou nos productos bancarios.

Informarase e asesorasase a este “colectivo vulnerable” acerca de procedementos de reclamación e denuncia.

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de outubro de 2009.

A Consellería de Economía e Industria- a través do Instituto Galego de Consumo- e maila Secretaría Xeral da Emigración inauguran mañá en Sanxenxo o I Foro de Emigración e Consumo- “Ti tamén eres consumidor defende os teus dereitos”, que pretende favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos en materia de consumo e facilitarlles tamén as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.

A través de catro foros formativos- nas localidades de Sanxenxo, Ribeira, Lugo, e Ribadavia- tratarase de impulsar a adaptación da poboación estranxeira extracomunitaria aos hábitos de consumo e ao coñecemento do mercado en Galicia para favorecer, así, a súa integración social.

O obxectivo é asesorar á poboación extracomunitaria dos procedementos existentes para o cumprimento dos seus dereitos como consumidores e usuarios, e como “colectivo vulnerable”, na resolución de conflictos cotiás máis frecuentes aos que se enfrontan- especialmente no referido ao reenvío de remesas, outros servizos bancarios ou contratación telefónica-. 

 

PROGRAMA DO FORO

9.00 a 9.30 Recollida de información

9.30 a 10.00 INAUGURACIÓN a cargo de:

MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ, Presidenta do Instituto Galego de Consumo

CATALINA GONZÁLEZ BEA, Alcaldesa do Concello de Sanxenxo

ANTONIO AGUARÓN TURRIENTES, Subdirector Xeral do Retorno e da Inmigración

OLGA PEREIRA PENEDO, Presidenta da Asociación de Consumidores O Salnés

10.00 a 11.00 OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES. INFORMACIÓN, PUBLICIDADE E PREZOS.

JOSÉ MARÍA PITA PONTE. Xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

11.00 a 11.30 Pausa/café

11.30 a 12.30 A CONTRATACIÓN A DISTANCIA E TELEFONÍA

RAQUEL GOYANES PRADO, experta en dereito de consumo

12.30 a 13.30 PRODUTOS BANCARIOS BÁSICOS PARA O INMIGRANTE

JOAQUÍN ÁLVAREZ DOMATO. Técnico do Instituto Galego de Consumo

13.30 a 14.00 CLAUSURA DO FORO

1712 lecturas