Exposición de Amelia Palacios "Construír a paisaxe. Apuntamentos e obras sobre a arquitectura de Antonio Palacios", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
386 lecturas

O martes 5 de setembro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra de Amelia Palacios Construír a paisaxe. Apuntamentos e obras sobre a arquitectura de Antonio Palacios.

  • Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, Amelia Palacios elaborou unha mostra homenaxe á súa figura e obra centrada nos proxectos desenvoltos en Madrid por este xenial arquitecto galego. A Amelia Palacios únelle, ademais do apelido, un profundo agarimo e admiración cara á súa figura, xenial creador, a dun home visionario, orixinal, responsable da modernización da capital e defensor, ao mesmo tempo, do estilo rexionalista galego. 
  • Todos os debuxos da exposición foron realizados ao longo da última década, en diversas técnicas e formatos. Son apuntamentos, interpretacións, dunha selección de obras emblemáticas do arquitecto Antonio Palacios.

Datas da exposición: Do 5 ao 29 de setembro de 2023

Horario de visita: De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | Festivos, de 10:00 a 14:00 h

Exposición de Amelia Palacios "Construír a paisaxe. Apuntamentos e obras sobre a arquitectura de Antonio Palacios", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
05.09.2023
29.09.2023
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: