A Xunta destaca a figura de Ovidio Cadenas pola capacidade que tivo para facer da unión unha constante da colectividade galega en Madrid

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron en Alcobendas na homenaxe póstuma a Ovidio Cadenas, que presidiu a Federación de Asociacións Galegas en Madrid.

  • Imaxe da homenaxe celebrada hoxe en Alcobendas
    Imaxe da homenaxe celebrada hoxe en Alcobendas

Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 5 de febreiro de 2022.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe en Alcobendas (Madrid) na homenaxe póstuma que a Xuntanza de Galegos desta localidade organizou a Ovidio Cadenas. 

Ambos destacaron o activo papel do homenaxeado, nacido en Negueira de Muñiz (Lugo), dentro da colectividade de galegos en Madrid, onde presidiu a Federación de Asociacións Galegas en Madrid e a Xuntanza de Galegos en Alcobendas, apuntando que o seu maior legado é conseguir que a unión sexa unha constante na colectividade galega en Madrid. 

Tal e como sinalou Conde no encontro, Ovidio Cadenas actuou como un verdadeiro embaixador “desa Galicia que está aberta a todo aquel que a queira coñecer ou queira contribuír ao seu progreso”.

323 lecturas