Reencontros con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
2037 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 10 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o programa de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos que residan en América, e procédese á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento EM926G).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
31.07.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas correspondentes ao programa Reencontros con Galicia para o ano 2023, que ten por finalidade facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior, mediante un período de estancia na residencia dependente da Xunta de Galicia en Panxón (Nigrán) e posteriormente coas súas familias, o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, e convocar estas axudas para este ano.

As axudas consistirán no financiamento do custo da viaxe de ida e volta desde os seus países de residencia ata Galicia e da estancia na residencia das persoas emigrantes galegas con escasos recursos económicos.

Persoas participantes:

  1. Poderán optar a este programa as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser unha persoa emigrante galega.
b) Ter a nacionalidade española.
c) Residir en América de maneira continuada, como mínimo, durante os dez (10) últimos anos naturais (2013-2023).
d) Ter 65 anos cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
e) Non participar nos últimos cinco (5) anos naturais en programas de viaxes a Galicia organizados pola Secretaría Xeral da Emigración, esto é, desde 2018 en adiante.
f) Valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes certificados médicos.
g) Ter uns ingresos persoais inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación por razón de necesidade do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Estado español para o ano 2023, segundo o país de residencia. Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70% da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha.
h) Contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles se decidisen prolongar a súa estancia en Galicia.

Lugar e presentación de solicitudes:

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado EM926G do dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización.

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil:
    • Peña Gallega de la Casa de España de Río de Xaneiro.
    • Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Beneficiencia Rosalía de Castro, en Santos.
    • Asociación Cultura Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • O resto dos países: nos rexistros dos Consulados de España.

Poderán presentar tamén as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral da Emigración (Rúa Basquiños n.º 2 – 15704 Santiago de Compostela) ou no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Número de prazas:

PAÍS

PRAZAS FINANCIADAS

100%

PRAZAS COPAGO 500€ TOTAL
ARXENTINA 39 5 44
BRASIL 10 5 15
CUBA 10 0 10
URUGUAI 20 5 25
VENEZUELA 20 0 20
RESTO DE AMÉRICA 3 2 5
TOTAL 102 17 119

 

Documentación para consultar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.08.2023