Miranda felicita a todas e todos os galegos do exterior o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
17 de maio - Día das Letras Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita dende a páxina web desta institución a todas as galegas e galegos do exterior polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxean a Florencio Delgado Gurriarán, agradecendo o labor de toda a colectividade galega de fóra das nosas fronteiras polo traballo que realizan a prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua.

Ademais, esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as e os interesados en coñecer a historia e a vida do escritor de Valdeorras a quen se dedica o Día das Letras Galegas poderán desfrutar dun contacontos sobre a súa figura, que se poderá ver a través do Facebook Live de GaliciaAberta da man de Polo Correo do Vento.  E, finalmente, tamén se publicará na páxina web, de xeito gratuito, unha banda deseñada titulada De Valdeorras a México, destinada ás e aos máis pequenos para que poidan coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

244 lecturas