Emigración concedeu axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de Obras e Adquisición de Equipamentos de Entidades Galegas do Exterior

Este programa conta cun orzamento de 575.000 euros destinado á conservación do patrimonio, a mellora de equipamentos e a reforma das instalacións.

Emigración concedeu axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de Obras e Adquisición de Equipamentos de Entidades Galegas do Exterior
Emigración concedeu axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de Obras e Adquisición de Equipamentos de Entidades Galegas do Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración aprobou a concesión de case 100 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de obras e para a adquisición de equipamentos dentro da liña de axudas deste mesmo ano.

Este programa conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros e, novamente como o ano pasado, puidéronse acoller a esta liña de axudas tódalas entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, os centros colaboradores da galeguidade, así como os centros de estudo e cultura galega.   

As entidades puideron solicitar ata o 80% da inversión total para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

383 lecturas