O próximo luns remata o prazo para a solicitude de axudas á realización de obras e adquisición de equipamentos das entidades galegas do exterior

Este programa conta cun orzamento de 575.000 euros e permitirá, como novidade, a adquisición de aplicacións informáticas de xestión.

Outra novidade desta liña de axudas é que poden acollerse á mesma todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía. 

As entidades poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro luns, 1 de marzo
As entidades poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro luns, 1 de marzo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recordou hoxe que o próximo luns, día 1 de marzo, remata o prazo para solicitar a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior destinada á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións, adaptándoas as circunstancias da covid-19.

Este programa conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros, e como novidades cabe destacar que se poden acoller á mesma tódalas entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

Ademais, nesta convocatoria a Secretaría Xeral da Emigración inclúe tamén unha nova liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación.

Os demandantes poden solicitar ata o 80% do investimento total para  para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

455 lecturas