Emigración colabora co centro de restauración da Casa de Galicia en Santurtzi para promocionar o Xacobeo

Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Santurtzi
Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Santurtzi
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración colabora co centro de restauración da Casa de Galicia en Santurtzi para promocionar o Xacobeo a través do envío de material para os traballadores e traballadoras co logo do Xacobeo 21-22. 

Este envío, que se está realizando ás entidades galegas do exterior, permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

835 lecturas