A Secretaría Xeral da Emigración celebra coas galegas e galegos do Reino Unido o Día da Patria Galega no Instituto Cañada Blanch

  • Imaxe da celebración de hoxe organizada polo Centro Galego da capital británica
    Imaxe da celebración de hoxe organizada polo Centro Galego da capital británica
  • Imaxe da celebración de hoxe organizada polo Centro Galego da capital británica
    Imaxe da celebración de hoxe organizada polo Centro Galego da capital británica
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2019.

A Secretaría Xeral da Emigración celebrou hoxe o Día da Patria Galega coas galegas e galegos do Reino Unido. O subdirector xeral da Emigración e as Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, asistiu ao acto que organiza cada ano o Centro Galego de Londres no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, onde agradeceu á colectividade galega que reside tanto na capital do Reino Unido como na súa zona de influencia que manteñan viva a cultura e os costumes galegos nun país con tanta tradición e presenza da emigración galega.

O acto comezou pasado o mediodía e contou coas actuacións das agrupacións dun grupo musical chegado desde Galicia e o grupo de gaitas do Centro Galego de Londres e continuou cun xantar ao que asistiron tanto socias e socios como persoas non asociadas da entidade galega da capital do Reino Unido.

1208 lecturas