Miranda traslada aos galegos e galegas do Reino Unido o respaldo e a cercanía da comunidade galega ante a incerteza xerada polo Brexit

O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego da capital británica, que congrega cada ano arredor de dous milleiros de asistentes.

O popular evento tivo como escenario o Colexio Cañada Blanch, no que o galego, que está implantado como materia optativa na ESO e Bacharelato, é a cuarta lingua máis estudada.

É o país de Europa no que máis crece a tendencia ao retorno e o segundo en cifras absolutas de regreso, con máis de 260 galegas e galegos en 2016.

  • O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Londres, que congrega cada ano preto de dous milleiros de asistentes
    O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Londres, que congrega cada ano preto de dous milleiros de asistentes
  • O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Londres, que congrega cada ano preto de dous milleiros de asistentes
    O secretario xeral da Emigración participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Londres, que congrega cada ano preto de dous milleiros de asistentes
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou esta mañá o apoio unánime tanto da Administración como de toda a sociedade aos galegos e galegas residentes no Reino Unido. Fíxoo durante a celebración do Día de Galicia en Londres, un evento que cada ano reúne preto de dous milleiros de galegas e galegos nunha romaría que enxalza o sentimento de solidariedade que caracterizou historicamente ás e aos emigrantes galegos, que hoxe segue tan vixente coma no pasado.

“O incerto futuro económico ao que aboca o Brexit a todos os cidadáns europeos residentes nos países que integran o Reino Unido atopa unha alternativa na vosa terra, Galicia, onde contades, non só co respaldo que vos outorga a  vosa condición de galegos, senón tamén cunha batería de medidas deseñadas especificamente para aqueles que se plantexan regresar á comunidade. A Estratexia Retorna 2020 pretende ser unha alternativa á desconfianza que xera a conxuntura actual e a un desexo de retorno a Galicia, no que sempre tedes o voso lugar”, asegurou Miranda.

O responsable do departamento autonómico aplaudiu a unidade da colectividade galega en Londres, que mantén a tradición desde hai anos de reunirse nas instalacións do instituto Vicente Cañada Blanch da capital británica para celebrar as datas máis sinaladas da cultura e a identidade galegas. O centro escolar ten implantado o galego como materia optativa na ESO e Bacharelato, o que contribúe a que a lingua de Rosalía sexa a cuarta máis estudada. 

O país cunha maior tendencia de retorno
O Reino Unido é, de feito, o segundo Estado de Europa do que máis cidadás e cidadáns galegos retornan por detrás unicamente de Suíza, que encabeza a listaxe. O formado por Gran Bretaña e Irlanda do Norte é, ademais, o país desde o que máis se incrementou o regreso de galegas e galegos á súa comunidade de orixe nos últimos catro anos. O número de cidadás e cidadáns galegos que regresaron desde o país anglosaxón aumentou un 44 % desde 2013, e é, así mesmo, o que experimenta unha maior tendencia á alza. Só en 2016, último ano do que se teñen cifras oficiais de retorno, desde o Reino Unido regresaron 262 galegas e galegos.

A 1 de xaneiro de 2018 a cifra total de galegas e galegos residentes neste país europeo é de 14.369, o que o convirte no cuarto país do continente con maior presenza galega, superado por Suíza, Francia e Alemaña.

1006 lecturas