Miranda ratifica a aposta de Emigración pola difusión da cultura galega dentro e fóra da comunidade durante unha xuntanza co director do Festival Internacional Rebulir

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro con Alexandre Sotelino Losada, director artístico do evento.

A gala central poderá seguirse en directo, o día 19 de decembro ás 19 horas, a través da web da Secretaría Xeral e das súas redes. 

  • O secretario xeral da Emigración e o director artístico do Festival Internacional Rebulir, durante a reunión
    O secretario xeral da Emigración e o director artístico do Festival Internacional Rebulir, durante a reunión
  • O secretario xeral da Emigración e o director artístico do Festival Internacional Rebulir, durante a reunión
    O secretario xeral da Emigración e o director artístico do Festival Internacional Rebulir, durante a reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de ratificar a súa aposta pola divulgación da cultura galega tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. O responsable autonómico mantivo un encontro en Santiago co director artístico Festival Internacional Rebulir, Alexandre Sotelino Losada, co que o departamento que dirixe colabora desde hai anos, e ao que amosou o seu apoio.

Neste sentido, a Asociación Rebulir está a traballar xa no XV Festival Internacional Rebulir, co que vai a colaborar a Secretaría, e que terá lugar entre o 17 e o 20 de decembro, contando este ano como novidade coa súa emisión online debido a actual pandemia da covid-19. 

De feito, a gala central do Festival retransmitirase en directo, o 19 de decembro ás 19 horas, a través da web da Secretaría Xeral -https://emigracion.xunta.gal- e das súas redes sociais

O evento vén consolidándose nos últimos anos como unha das citas do almanaque lúdico-cultural de Ramirás (Ourense), mobilizando cada edición a centos de veciñas e veciños que acoden a desfrutar da música, dos obradoiros e das animacións programadas. 

Neste marco, Rodríguez Miranda subliñou o “importante peso histórico, cultural, social e educativo” que ten o festival na comarca, e felicitou aos organizadores pola súa vontade e capacidade de levalo adiante, aínda nesta época marcada pola covid.

429 lecturas