Emigración aposta polo reforzo educativo inmigrante en idades temperás

No III Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante o subdirector xeral de Inmigración e Retorno insistíu na importancia dos procesos educativos coma “elemento chave á hora de configurar as modalidades de socialización e inserción social das novas xeracións”.

O seminario, organizado pola USC, busca establecer un debate e ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que están a traballar en dimensións prácticas da atención educativa a alumnos inmigrantes.

Levarase a cabo entre os días 12 e 14 de novembro.

Listen to this page using ReadSpeaker
12 de novembro de 2009.

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, estivo presente no acto de apertura do III Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante. Experiencia e Innovación. O seminario, organizado pola USC, busca establecer un debate e ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que están a traballar en dimensións prácticas da atención educativa a alumnos inmigrantes.

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno da Secretaría Xeral da Emigración insistíu na importancia dos procesos educativos coma “elemento chave á hora de configurar as modalidades de socialización e inserción social das novas xeracións” e apostou polo “reforzo educativo no colectivo a idades temperás”.

Neste sentido, destacou o especial interés en actuar desde a escola á formación universitaria, “pois a simple incorporación ao sistema educativo, á adquisición de valores, coñecementos e hábitos intelectuais e persoais mediante o aprendizaxe e a convivencia prolongada de alumnos de orixe inmigrante son o máis eficaz instrumento integrador de cantos dispoñemos”, sostivo.

No acto de inauguración estiveron presentes a secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja; o decano de Ciencias da Educación, Lois Ferradás; e os profesores Antonio Rodríguez e Miguel Santos Rego.

Os expertos reunidos neste terceiro seminario presentarán os resultados de importantes proxectos de colaboración á vez que favorecerán novos enfoques de formación do profesorado neste eido. Ao longo dos tres días participarán responsables de distintas instancias educativas e sociais do Goberno galego, traballadores sociais, profesores universitarios e de secundaria.

1999 lecturas