Emigración anima ás e aos mozos galegos retornados a participar no concurso “Cousas do retorno” de AJERGA

Concurso “Cousas do retorno”
Concurso “Cousas do retorno”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración anima a tódolos mozos e mozas galegos retornados a participar no concurso “Cousas do Retorno” que organiza AJERGA, a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia, e que ten como obxectivo compartir a cultura e a identidade galegas dende a perspectiva do retorno. 

Os interesados e interesadas poden consultar as bases e máis información a través da seguinte ligazón: retornoxove.gal/cousas-do-retorno. Este concurso diríxese non só a quen volveu senón tamén a quen desexa facelo e aínda está no seu país de residencia. A asociación busca a través destes textos, arte visual ou pezas audiovisuais que os mozos e mozas compartan as súas miradas sobre algún aspecto da vida ou cultura galegas. 

969 lecturas