Dous centos de mozas e mozos bolseiros BEME comparten unha xornada formativa e de lecer que lles permitiu achegarse á realidade de Galicia

Acto de benvida ás e aos bolseiros BEME do curso 2023-2024
Acto de benvida ás e aos bolseiros BEME do curso 2023-2024
Benvida do presidente da Xunta de Galicia ás e aos bolseiros BEME 2023-2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2023.

Dous centenares dos novos alumnos e alumnas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-  BEME participaron nun encontro formativo e de lecer en Sigüeiro, durante o que recibiron a benvida do presidente da Xunta de Galicia en representación de toda a sociedade galega.

A iniciativa, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e que contou coa colaboración da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados (Ajerga), permitiu ás beneficiarias e beneficiarios destas bolsas que lles permiten realizar un mestrado nunha das tres universidades galegas durante o presente curso, coñecerse entre eles e asesorarse acerca das diferentes cuestións necesarias para unha mellor adecuación á nosa sociedade. 

219 lecturas