Emigración ofrece unha escolma das principais imaxes da xornada de benvida ás e aos 250 beneficiarios das bolsas BEME do 2022/23

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, deulles a benvida en nome de toda a sociedade galega
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, deulles a benvida en nome de toda a sociedade galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración ofrece unha selección de fotografías do encontro que mantiveron as e os novos bolseiros Excelencia Mocidade Exterior - BEME do presente curso durante a xornada de convivencia que celebraron a pasada fin de semana en Boqueixón e durante a que recibiron a benvida do presidente da Xunta de Galicia en representación de toda a sociedade galega.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados (Ajerga) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, contou non só con encontros formativos senón tamén con actividades lúdicas e de lecer, que permitiron ás 250 beneficiarias e beneficiarios coñecerse entre eles e asesorarse acerca das diferentes cuestións necesarias para unha mellor adecuación á sociedade galega, en especial, en relación a trámites burocráticos. Con este fin, durante este encontro estiveron tamén presentes as e os técnicos da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.

164 lecturas