A Delegada da Xunta en Uruguai participa no acto de entrega do “Premio Asorey” a Cristina Fernández

  • A Delegada da Xunta en Uruguai participa no acto de entrega do “Premio Asorey” a Cristina Fernández

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 2 de novembro de 2024.

A cantante galego-uruguaia Cristina Fernández foi recoñecida co Premio Asorey, outorgado pola Casa Galicia Histórico-Cultural do Uruguai, en recoñecemento á súa traxectoria artística e a súa labor de difusión da música galega en América Latina. A entrega do galardón celebrouse nun emotivo acto que contou coa presenza da delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, a cónsul Xeral de España e numerosas personalidades culturais e sociais da colectividade galega.

Fernández, coñecida polo seu compromiso coa preservación e promoción da cultura galega, agradeceu o recoñecemento destacando a súa profunda conexión coas súas raíces galegas e o apoio da comunidade galega no Uruguai.

401 lecturas