A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, destaca en Montevideo o compromiso permanente da Xunta por facilitar ás Comunidades Galegas do exterior a súa relación coa cultura galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 22 de outubro de 2025.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, estivo presente no acto de peche dos obradoiros de pandeireta organizados pola entidade Alma Gallega en Montevideo, cunha ampla participación das institucións galegas da cidade.

Durante o encontro, os distintos grupos amosaron a súa integración a través da música tradicional e o baile, reforzando o compromiso coa cultura galega no exterior. O evento enmárcase no programa anual da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, que promove diferentes obradoiros co obxectivo de manter viva a cultura galega no exterior.

362 lecturas