A delegada da Xunta no Uruguai recoñece o labor do Centro Pontevedrés na preservación da cultura galega durante a celebración do seu 67.º aniversario
Montevideo (Uruguai), 18 de outubro de 2025.
A delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de celebración do 67.º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, acompañando á colectividade galega neste día tan especial co obxectivo de recoñecer o labor constante da entidade na preservación da identidade e cultura galega no país.
Na súa intervención ante o público asistente, a delegada da Xunta relatou o compromiso permanente da comunidade galega coas súas comunidades e centros culturais da diáspora, e realizou un chamamento a fortalecer os vínculos culturais, sociais e educativos entre Galicia e o Uruguai.
Novas relacionadas





