A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á entrega de medallas de ouro e prata aos socios e socias do Centro Gallego de Montevideo

  • Imaxe da entrega de medallas para socias e socias con 25 ou 50 anos de afiliación ininterrompida
    Imaxe da entrega de medallas para socias e socias con 25 ou 50 anos de afiliación ininterrompida

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 4 de setembro de 2022.

O Centro Gallego de Montevideo celebrou na súa sede central a entrega de medallas de ouro e prata para os seus socios e socias que cumpriron 25 ou 50 anos de afiliación ininterrompida. Neste acto estiveron acompañados da delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez.

Esta entrega de medallas realízase en cada novo aniversario do centro, que este ano chega ao 143, sendo, a día de hoxe, o centro galego da diáspora máis antigo do mundo. Actualmente conta con máis de 800 persoas asociadas, entre as que máis da metade son galegas.

501 lecturas