A delegada da Xunta no Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo

  • Imaxe da celebración do Día das Artes Galegas 2024 no Patronato da Cultura Galega da capital uruguaia
    Imaxe da celebración do Día das Artes Galegas 2024 no Patronato da Cultura Galega da capital uruguaia
  • Imaxe da celebración do Día das Artes Galegas 2024 no Patronato da Cultura Galega da capital uruguaia
    Imaxe da celebración do Día das Artes Galegas 2024 no Patronato da Cultura Galega da capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 12 de abril de 2024.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos polo Día das Artes Galegas celebrados no Patronato da Cultura Galega de Montevideo e que este ano homenaxeou ao escultor Francisco Asorey.
 
Asorey está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes na renovación escultórica española do século XX. É responsable da obra A Santa, que hoxe é exhibida no Museo Zorrilla, no Uruguai. Trátase dunha das pezas máis destacadas do traballo do escultor cambadés, e tamén dunha das obras de arte galegas máis significativas e controvertidas do século pasado, polo potente e provocador simbolismo co que representou a muller galega, rachando cos códigos estéticos vixentes naquel tempo.

238 lecturas