A delegada da Xunta en Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos polo Día das Artes Galegas celebrados no Patronato da Cultura Galega de Montevideo e que este ano homenaxeou ao trobador vigués Martín Códax. No acto estivo tamén presente o presidente da entidade, José Piñeiro.
Durante a xornada, as poñentes Ana Lorenzo e Carmen Lorenzo, falaron sobre a importancia deste autor para a lingua galega e para a lírica galaico-portuguesa, os diferentes tipos de cantigas e o pergamiño Vindel así como todo o que envolveu culturalmente a aquela época, como os instrumentos musicais medievais do Pórtico da Gloria. O acto finalizou coa presentación de Francisco Antelo, director do oro do Patronato, que entoou a cantiga de amigo “Ondas do mar de Vigo”.
Novas relacionadas