A Delegada da Xunta destaca o papel de AEGU na promoción da galeguidade e do emprendemento galego no seu 35 Aniversario
A Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU) ven de celebrar o seu 35 aniversario coa presenza da delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, onde destacou o papel fundamental de AEGU na promoción da galeguidade e do emprendemento galego. Durante o evento, proxectouse un vídeo do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, que trasladou os seus parabéns á asociación e ao homenaxeado, Ricardo Piñeiro González, quen foi recoñecido como "Emprendedor Galego 2024".
O presidente de AEGU, Diego Antelo, destacou no seu discurso a labor incansable dos directivos e colaboradores que fan posible o éxito da entidade, así como a relevancia do homenaxeado, cuxa traxectoria como empresario pesqueiro e fundador da asociación exemplifica os valores de esforzo e compromiso coa súa comunidade. Piñeiro agradeceu o recoñecemento e lembrou con orgullo as súas raíces mariñeiras en Marín e Portonovo. O acto contou tamén coa participación da cónsul xeral de España en Uruguai, María Victoria Scola, quen destacou o impacto de AEGU ao longo destas tres décadas e media como ponte entre Galicia e o Uruguai.
No acto tamén participou, José Reinaldo, realizador do trofeo que se entregou ó emprendedor de este ano.
Novas relacionadas




