Miranda destaca en Montevideo o potencial do talento emprendedor galego e o papel da empresa na ligazón económica entre Galicia e Uruguai
A Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai distingue ao emprendedor Manuel Losa pola súa traxectoria e compromiso coa colectividade galega.
A AEGU celebra un novo aniversario destacando a innovación e o dinamismo da diáspora emprendedora.
Miranda destaca en Montevideo o potencial do talento emprendedor galego e o papel da empresa na ligazón económica entre Galicia e Uruguai.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Montevideo, acompañado pola delegada da Xunta en Uruguay, Elvira Domínguez, ao aniversario da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, nun acto que tamén incluíu a entrega dos Premios Novo Talento Emprendedor, recoñecemento que pon en valor o labor de profesionais e iniciativas empresariais vinculadas á comunidade galega. Durante o encontro, celebrado no Club Carrasco, Miranda subliñou a relevancia desta entidade como ponte de cooperación económica e social entre Galicia e Uruguai, así como o seu papel fundamental na creación de oportunidades e no impulso de novos proxectos liderados pola diáspora.
Durante a celebración, a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai rendeu tamén unha homenaxe especial ao emprendedor galego Manuel Losa, recoñecendo a súa traxectoria empresarial e a súa contribución ao fortalecemento da presenza galega no tecido económico uruguaio. Miranda destacou que Losa “representa o mellor da nosa diáspora emprendedora: esforzo, visión e un compromiso permanente con Galicia”, subliñando que historias como a súa “son exemplo inspirador para as novas xeracións de profesionais galegos no exterior”. No acto entregáronse tamén os Premios Novo Talento Emprendedor, un recoñecemento aos novos proxectos gañadores e aos mozos que aspiran a converterse nos futuros emprendedores galegos no Uruguai.
Miranda destacou que a colectividade galega no Uruguai “constitúe un motor de dinamismo e innovación, capaz de xerar emprego, atraer investimento e proxectar a marca Galicia no exterior”. O secretario xeral agradeceu o compromiso dos empresarios galegos radicados no país e salientou que o talento emprendedor vinculado a Galicia “é un activo estratéxico que a Xunta seguirá apoiando no marco da Estratexia Galicia Retorna e das políticas de impulso económico que fortalecen os lazos cos galegos do exterior”.
Novas relacionadas