A colectividade galega e a Delegación da Xunta no Uruguai celebraron o día de San Xoán con diferentes encontros sociais e culturais

  • Imaxe da celebración no Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega
    Imaxe da celebración no Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega
  • Imaxe da celebración no Centro Gallego de Montevideo
    Imaxe da celebración no Centro Gallego de Montevideo
  • Imaxe da celebración de A Casa de Galicia de Montevideo
    Imaxe da celebración de A Casa de Galicia de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 4 de xullo de 2023.

A Delegación da Xunta no Uruguai participou nas diferentes actividades organizadas co gallo do Día de San Xoán polas entidades galegas neste país do Cono Sur. A delegada, Elvira Domínguez, puido asistir a varias delas para mostrar o apoio da Xunta ao labor en prol da cultura galega destes centros.

Entre outras entidades, celebráronse encontros con numerosa asistencia no Centro Gallego de Montevideo, no Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega, no Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor, no Centro Cultural y Recreativo Hijos de Galicia e en A Casa de Galicia.

313 lecturas