O Camiño de Santiago inspirará as memorias de Martin Sheen e Emilio Estévez.

Pai e fillo escribirán un libro xuntos.

Listen to this page using ReadSpeaker

Tras realizar a película The Way, Martin Sheen e Emilio Estévez volven botar man do Camiño de Santiago para estruturar un novo proxecto: as memorias que escribirán xuntos ao longo deste ano e que serán publicadas en 2012. Baixo o título Along the Way, o libro abranguerá cincuenta anos de historia da familia, incluíndo a chegada a Estados Unidos de Francisco Estévez, o pai de Martín, un emigrante galego nacido en Salceda de Caselas.

Sheen sempre estivo fascinado polo Camiño, de neno escoitaba do seu pai as marabillas de Compostela e, hai uns anos, cumpriu o seu soño de facer a peregrinación en compañía do seu neto Taylor, fillo de Emilio Estévez. Taylor coñeceu a súa muller no Camiño de Santiago e nel celebrou a súa voda.

En imaxes
1743 lecturas