Cinco centros de información á muller da provincia de Lugo estrean un servizo de teletradución a 51 idiomas

Trátase dos CIMs de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte e Palas de Rei, que forman parte do total de 45 que incorporan esta tecnoloxía en Galicia.

Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellorará a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de GaliciaCinco Centros de Información á Muller da provincia de Lugo van incorporar un servizo de teledradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade. Trátase dos CIMs de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte de Lemos e Palas de Rei, que contarán cun novidoso sistema de teletradución a 51 idiomas.

servizo entrará en funcionamento a vindeira semana, ao abeiro dos convenios de colaboración entre Igualdade e os respectivos concellos asinados esta mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, nun acto ao que asistiron a titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e os alcaldes dos concellos implicados na iniciativa.

Tras acreditar a utilidade da teletradución aplicada ao Teléfono de Información á Muller durante un ano, Igualdade decidíu facela extensiva á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, ás que se comunicou o pasado mes de setembro a posibilidade de adherirse sen custe algún.

En resposta a este ofrecemento da Administración autonómica, un total de 45 CIMs das catro provincias manifestaron ata o de agora o seu interese en adherirse ao sistema, que sigue aberto para os que no futuro desexen incorporarse.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero
As novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete

Durante o seu primeiro ano de funcionamento no Teléfono de Información á Muller de Galicia os idiomas máis demandados foron o romanés, o chinés e o árabe.

768 lecturas