Chegan a Galicia as cen primeiras persoas participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2013’

Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 135 persoas maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial.

A primeira quincena benefícianse dunha estadía en Panxón, e despois poden quedar coas e cos familiares ata un tempo máximo de tres meses.

A inmensa maioría das e dos participantes proceden de Arxentina e Uruguai, países que concentran case a metade dos galegos e as galegas residentes no estranxeiro.

  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) das e dos participantes procedentes da Arxentina
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Alvedro (A Coruña) das e dos participantes procedentes de Uruguai
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Alvedro (A Coruña) das e dos participantes procedentes de Uruguai
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Alvedro (A Coruña) das e dos participantes procedentes de Uruguai
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Alvedro (A Coruña) das e dos participantes procedentes de Uruguai
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Peinador (Vigo) das e dos participantes procedentes de Cuba
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Peinador (Vigo) das e dos participantes procedentes de Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013.

Os primeiros e as primeiras participantes no programa Reencontros na Terra, na súa edición deste ano 2013, aterraron este xoves nos aeroportos de Lavacolla e Peinador, en voos procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba, Venezuela, e Paraguai, tras escala en Madrid. Mañá venres terá lugar a aterraxe das e dos restantes en Alvedro, todos procedentes de Uruguai.

O programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias das e dos emigrantes galegos de máis de 65 anos de idade. Participan nesta edición un total de 135 persoas procedentes dos seis países citados.

77 anos de media
Aínda que todos e todas as participantes son maiores de 65 anos, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, xa que se aproxima aos 77 anos. As e os cinco de meirande idade son todos procedentes de Arxentina, destacando unha persoa que conta nada menos que con 93 anos.

Os continxentes máis numerosos son os procedentes de Arxentina (83 persoas) e Uruguai (36). O resto das persoas participantes son 7 desde Cuba, 7 desde Brasil, 1 desde Venezuela, e 1 desde Paraguai.

Preto do 40 % das e dos participantes naceron na provincia da Coruña, o 30 en Pontevedra, e repártense o 30 restante entre as provincias de Ourense e Lugo. Sobresaen como municipios nos que naceron máis participantes Ponteceso e Vimianzo na provincia da Coruña; A Fonsagrada e Becerreá na de Lugo; Ribadavia e Toén en Ourense; e Vigo e Silleda na de Pontevedra.

O proceso
A finalidade desta iniciativa da Xunta é que as e os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 22 de abril. As solicitudes foron avaliadas seguindo os criterios de percepción da pensión asistencial por ancianidade do Estado español, e a idade do solicitante, segundo o baremo descrito na correspondente convocatoria publicada no DOG.

Para informar sobre as cuestións relativas ao programa celebráronse reunións informativas previas nos diferentes países nas que participan os beneficiarios e beneficiarias e nas que interviñeron persoal das delegacións da Xunta ou, no seu caso, das entidades colaboradoras; os médicos acompañantes no relativo aos temas de coidado da saúde (en Arxentina e Uruguai) ou o coordinador acompañante (no caso de Cuba); e persoal designado pola axencia de viaxes adxudicataria do concurso público, no tocante aos asuntos de embarque, conexións, pasaxes, etc.

A estadía
O programa desenvólvese ao longo de tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas ás e aos participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día. Inclúe unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental, e recepción institucional. Tamén realizarán diversas visitas a outras vilas galegas.

Canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía coas súas familias de Galicia, coas que poden estar ata completar un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitas e moitos dos beneficiarios unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

1682 lecturas