A Casa de Galicia de Nova York cumpre 70 años

A entidade celebrará o seu aniversario cunha cea na que participará o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba.

Listen to this page using ReadSpeaker
20 de setembro de 2010.

A Casa de Galicia de Nova York celebrará o seu 70º aniversario cunha cea na que está prevista a participación de máis de cen persoas, entre elas os responsables doutras institucións galegas e españolas en Nova York.

O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, participará no evento que terá lugar o día 25 de outubro. Actualmente, máis de 800 persoas forman parte da institución que leva a cabo actividades durante todo o ano nas que recorda as datas máis sinaladas en Galicia como o Día de Santiago, o Día das Letras Galegas e as festas patronais.

2184 lecturas