Miranda gaba a participación da mocidade e da muller no 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York

O secretario xeral visitou tamén o Círculo Español e entrevistouse con altos cargos de orixe galega na Administración neoiorquina.

  • De esquerda a dereita: Juan Ramón Martínez (cónsul xeral de España), Marcos Roel (presidente da Casa Galicia de NY), Antonio Fariña, Carmen Fariña (chanceler de Educación da cidade de Nova York), Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración) e Beatriz Oleguibel (conselleira de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España)
    De esquerda a dereita: Juan Ramón Martínez (cónsul xeral de España), Marcos Roel (presidente da Casa Galicia de NY), Antonio Fariña, Carmen Fariña (chanceler de Educación da cidade de Nova York), Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración) e Beatriz Oleguibel (conselleira de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España)
  • O secretario xeral da Emigración e o presidente da Casa Galicia de Nova York
    O secretario xeral da Emigración e o presidente da Casa Galicia de Nova York
  • Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
    Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
  • Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
    Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
  • Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
    Imaxe da celebración do 74º aniversario da Casa Galicia de Nova York
  • Na imaxe, o secretario xeral da Emigración durante a súa visita ao Círculo Español, entidade fundada en 1979 no distrito de Queens
    Na imaxe, o secretario xeral da Emigración durante a súa visita ao Círculo Español, entidade fundada en 1979 no distrito de Queens
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda leva a cabo unha nova viaxe a Nova York, co obxectivo de achegarse a coñecer a actualidade da diáspora galega asentada na metrópole norteamericana, entrevistarse con destacadas personalidades locais vinculadas á Galeguidade, e participar no 74º aniversario do nacemento da Casa Galicia da cidade.

Miranda visitou o Spanish Circle (Círculo Español), presidido por Bernardo Riveiro. Esta entidade, fundada no ano 1979 no distrito de Queens, abrangue máis dun milleiro de socias e socios, dos que o noventa por cento son galegos e galegas.

O secretario xeral da Emigración participou asemade onte á noite (madrugada do sábado ao domingo en Galicia) no 74º aniversario da fundación da Casa Galicia de Nova York, que preside Marcos Roel. Alí puido manter un encontro coa máxima responsable do sistema educativo público do Goberno da cidade de Nova York (administración que abrangue oito millóns e medio de habitantes), a filla de emigrantes galegos Carmen Fariña.

Casa Galicia
Casa Galicia de Nova York, fundada en 1940 baixo os auspicios do propio Castelao, conta cunha longa traxectoria de defensa da cultura galega en terras americanas. Miranda gabou no seu discurso o importante pulo á mocidade, e á participación da muller, que son sinais distintivas da historia e presente da Casa Galicia. “Noutros lugares do mundo asistimos a un progresivo envellecemento das entidades vinculadas á Galeguidade, en parte porque son países aos que xa non acoden xeracións mozas, e noutras ocasións porque ás propias entidades cústalles atraer ás actividades aos socios máis novos, e a participación nas mesmas limítase a persoas maiores. Este non é, desde logo, o relato do que acontece na Casa Galicia de Nova York. Todo o contrario”, afirmou Miranda.

1532 lecturas