Feijóo enxalza a “vía galega” que, inspirada nos valores do Camiño de Santiago, non levanta muros senón que tende pontes e non enfronta ás e aos galegos senón que os une máis
O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro coa colectividade galega en Cataluña.
Asevera que nesa vía, as galegas e os galegos afincados no exterior, tiveron un papel protagonista, xa que nesas entidades se fraguou un galeguismo de todas e todos e para todas e todos antes de que se fixese real.
Subliña que calquera día do ano na praza do Obradoiro se desmente a idea de que as diferentes culturas, linguas e crenzas non poden convivir.
Di que Galicia é hoxe máis galega ao ser tamén española e europea.
- O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro coa colectividade galega en Cataluña

Nuns días nos que se fala de moitas “vías”, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a “vía galega” que, inspirada nos valores do Camiño de Santiago, non se basea en saltos senón en pasos seguros, non enfronta ás galegas e galegos senón que os une máis e non levanta muros senón que tende pontes.
Durante un encontro coa colectividade galega en Cataluña, Feijóo aseverou que nesa vía as e os galegos afincados no exterior tiveron un papel protagonista, “porque neste grande éxito colectivo que é a nosa terra, entidades como as vosas serviron de avanzada”, dixo, incidindo en que nelas conviviron opinións diversas antes de que o autogoberno fose unha realidade, practicouse o parlamentarismo antes de que o Parlamento galego existise, e fraguouse un galeguismo de todas e todos e para todas e todos antes de que se fixese real.
“Aprendestes que a suma de identidades non é un hándicap, senón unha vantaxe porque cada identidade é unha ventá aberta cara a realidades complementarias”, abundou, facendo fincapé en que cando se obriga a alguén a elixir entre a súa afiliación española, catalá ou galega, estase amputando unha parte da súa personalidade.
O presidente do Goberno galego recoñeceu como “natural” que aos galegos e galegas, que levamos tantos séculos peregrinando desde “o castro primitivo ata a Galicia europea e española”, nos custe entender a querenza polas rupturas, subliñando que calquera día do ano, na praza do Obradoiro se desmente a idea de que as diferentes culturas, linguas e crenzas non poden convivir.
O titular da Xunta concluíu aseverando que Galicia é hoxe máis galega ao ser tamén española e europea. “A nosa cultura e a nosa lingua non sufriron menoscabo; desfrutan dun novo Rexurdimento. O galeguismo é unha casa común onde reina a tolerancia”, dixo, expresando o desexo de que algún centro galego do exterior que serviu de escaparate a ideas contrarias á convivencia, saiba rectificar para seguir fiel á identidade do asociacionismo galego.
Novas relacionadas