Camba ve na xuventude a "os herdeiros naturais para potenciar a galeguidade"

Cun encontro coa mocidade na Casa de España pon fin a unha estadía de tres días de estreito contacto coa diáspora carioca. Hoxe estará en Santos, na que será a súa primeira visita institucional á Sociedade de socorros mutuos e beneficente Rosalía de Cstro, entidade de carácter asistencial e que colabora de xeito efectivo na sanidade do país.

O secretario xeral da Emigración xuntouse con membros da mocidade das distintas entidades galegas de Río. Do “foro de debate” destacou “a grande potencialidade, sentido creativo e habilidades directivas destes futuros membros dos equipos de xestión”.

Santiago Camba participou nos actos de celebración da Hispanidade da Sociedade Recreio dos Anciaos, no trasncurso do que apelou aos presentes a “facer causa común co Goberno Galego na fundamental tarefa de velar pola saúde e amparo dos moitos que aínda precisan de apoio e atención”.

Será o martes, 29, cando se reúna co cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén, e conclúa a súa viaxe co encontro con representantes da organización do I Congreso de Mulleres Españolas en Brasil.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración Santiago Camba vén de finalizar a súa estadía en Río cun encontro cos distintos membros da sección de mozos das entidades galegas no estado. Do foro de debate que mantivo con estes mozos destacou “a grande potencialidade, sentido creativo e habilidades directivas destes futuros membros dos equipos de xestión dos centros”.

Camba, coa directiva do centro

Neste sentido, Camba resaltou o interese do seu departamento en que a xuventude asuma responsabilidades e participe activamente na vida asociativa, sendo a eles a quen corresponda ser “herdeiros naturais dunha digna continuidade para potenciar a galeguidade no mundo”.

“Velar pola saúde e o amparo”
Na xornada de onte, Santiago Camba, participou, así mesmo, nos actos de celebración da Hispanidade da Sociedade Recreio dos Anciaos, no trasncurso do que incidíu na idea que “ao igual que os edificios se asintan sobre cimentos sólidos, a base de sustentación do benestar dos nosos emigrantes require de solvencia en materia asistencial, desafío profesional e colaboración constante, facendo causa común co Goberno Galego na fundamental tarefa de velar pola saúde e o amparo”.

Sociedade recreio dos anciaos
A entidade, foi fundada en 1940, polo pontevedrés Manuel Barreiro Cavanelas, natural de Covelo. A Sociedade única polas súas características en todo o Estado de Río de Xaneiro, acolle anciáns temporal ou permanentemente de forma gratuíta dando prioridade aos españois necesitados e maiores. Levan a cabo unha asistencia integral aos acollidos que inclúe alimentación, vestiario, servicios médicos, fisioterapia, ou terapia ocupacional, “mellorando así o aspecto social, emocional e psicolóxico”. No ano 2004 concedéuselle a título póstumo a Medalla de Galicia na categoría de bronce ao que foi seu presidente, Manuel Taboada Quintás por seren impulsor de varios programas de cooperación con colectivos marxinais asentados en favelas en Brasil.

Izando a bandeira do centro de anciaos

 

Programa para hoxe, 28 de setembro:

12:30h.        Visita ao CENTRO ESPANHOL E REPATRIAÇAO DE SANTOS

        Avda. Ana Costa, 286 SANTOS

13:00h.        Visita á SOCIEDADE DE SOCORROS MUTUOS E BENEFICENTE ROSALÍA DE CASTRO

        Rúa Dr. Cunha Moreira, 147 SANTOS

19:00h.        Encontro coa Presidenta de SOCIEDADE HISPANO BRASILEIRA DE SOCORROS MUTUOS E INSTRUÇAO

        Hotel Golden Tulip Belas Artes Rúa Frei Caneca, 1199 Sao Paulo

Será o martes, 29, cando se reúna co cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén, e conclúa a súa viaxe co encontro con representantes da organización do I Congreso de Mulleres Españolas en Brasil, no instituto Cervantes de Sao Paulo.

2073 lecturas