Camba alabou o modelo de xestión sanitaria do hospital español

O secretario xeral de Emigración participou nos actos conmemorativos polo 150º aniversario da Sociedade española de beneficencia de Río e no III Congreso Internacional de Neurociencia e Gastroenteroloxía do Hospital da mesma entidade, que actualmente asiste a unhas 40.000 persoas anualmente.

Grazas á sinatura de convenios específicos, coma os postos en marcha polo goberno galego en 2002, “hoxe en día nos atopamos no Brasil con hospitais saneados, que facilitan unha óptima atención a miles de familias da diáspora galega, sinalou no transcurso da súa intervención no III Congreso Internacional de Neurociencia e Gastroenteroloxía.

O responsable de Emigración referiuse a unha planificación de accións axustada ás necesidades humanas, asociativas e infraestructurais de cada momento e a unha “iniciativa responsable das entidades socioasistenciais, para garantir un mellor e máis racional futuro de cooperación”.

Destacou o “secular exemplo dunha sociedade con carácter hospitalaria, beneficente e filantrópica, destinada a manterse no tempo, traballandando de xeito desinteresado, protexendo e amparando a quen máis o precisa”.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración participou nos actos conmemorativos celebrados onte con motivo do 150 aniversario da Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río.

Santiago Camba, no transcurso da súa intervención no congreso

Santiago Camba quixo destacar o “secular exemplo dunha sociedade con carácter hospitalaria, beneficente e filantrópica destinada a manterse no tempo, traballandando de xeito desinteresado, protexendo e amparando a quen máis o precisa”, daí, apuntou, o firme compromiso da área que dirixe en “corresponder coa mesma pauta de entrega”.

Neste sentido, recordou que “son moitos os programas cos que se veu colaborando desde a Xunta e os que se puxeron en marcha”- como axudas de cooperación directa a entidades de beneficencia, asistencia médica e hospitalización-, especialmente no 2002, pola grave situación de precariedade que se presentou en Latinoamérica”.

Santiago Camba, quixo salientar que foi grazas á sinatura de convenios específicos, entonces, que hoxendía nos atopamos no Brasil con “hospitais saneados que facilitan unha óptima atención a miles de familias da diáspora galega”. Apostillou que “cómpre no actual contexto de crise económica e social e, en consecuencia, de rigoroso control do gasto público unha iniciativa responsable das entidades socioasistenciais para garantir un mellor e máis racional futuro de cooperación”, “planificacando as acción, axustadas ás necesidades humanas, asociativas e infraestructurais de cada momento”.

Exemplo de axuda mutua e irmandade
A Sociedade Espanhola de Beneficencia nacía en Río o 13 de septembro de 1859, coa fin de favorecer as condicións de vida da población emigrada, fundamentalmente nas necesidades vitais máis importantes- a dimensión material, sanitaria e social das persoas- creando, de xeito pioneiro, un verdadeiro sistema de seguridade social e axuda mutua, que colabora ata os nosos días, de forma efectiva coa sanidade do país. Actualmente está ao fronte da institución Andrea Canellas da Silva Paredes, de orixe xalleiro. A Sociedade, presta hoxe servizo, a través do Hospital Espanhol, a unhas 40.000 personas cada ano, sendo moitas das beneficiadas familias galegas- calcúlase que arredor de 1000-.

Programa para hoxe
10:00h. (hora local) O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participará nos actos de celebración da Semana da Hispanidade na SOCIEDADE RECREIO DOS ANCIÂOS PARA ASILO DA VELHICE DESAMPARADA en honra ao seu fundador o pontevedrés Manuel Cabanelas. Estará ademais presente o cónsul xeral de España en Río, Francisco José Viqueira Niel. En Rúa Conde de Bonfim, 1098 / 1110, Tijuca. 20530-003 RIO DE JANEIRO

17:00h. (hora local) Reunión con representantes da mocidade da colectividade na Peña Galega da Casa de España. En Rúa Vitorio da Costa, 254 – Humaitá. 22261-060 RIO DE JANEIRO

2147 lecturas