Santiago Camba recibe en San Caetano ás e aos integrantes da viaxe organizada pola Casa de Ourense de Bos Aires

  • Imaxe da recepción do Secretario Xeral ás e aos participantes na viaxe que anualmente organiza a Casa de Ourense en Bos Aires.
    Imaxe da recepción do Secretario Xeral ás e aos participantes na viaxe que anualmente organiza a Casa de Ourense en Bos Aires.

Listen to this page using ReadSpeaker
20 de xuño de 2012.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu en San Caetano, sede da Xunta de Galicia, a medio centenar de integrantes dunha viaxe organizada pola Casa de Ourense – Fundación San Roque de Bos Aires, que preside Alfredo Enríquez.

Trátase dunha viaxe que esta entidade realiza con regularidade á Galicia territorial, para que as e os integrantes da Casa, moitos deles galegas e galegos que por diversas circunstancias non tiveron oportunidade de volver a Galicia desde hai moitos anos, podan achegarse de novo á terra que os veu nacer.

Cómpre salientar que no grupo viaxaban algúns e algunhas integrantes de avanzada idade, que, sen embargo, aproveitan estes días as múltiplas actividades que a organización ten preparadas para eles, e mercé á cales poderán coñecer boa parte das principais atraccións turísticas de Galicia.

Na súa alocución, Camba salientou a importancia de fornecer os vencellos entre a Galicia territorial e a de alén o Atlántico, e fixo fincapé en que “malia a distancia, a sociedade e o Goberno galegos teñen sempre moi presentes aos paisanos na diáspora”. Tamén gabou a viveza de asociacións como a Casa de Ourense.

830 lecturas