Camba reunirase con medio cento de representantes da diáspora galega na Arxentina

As súas visitas rematarán o domingo.

Listen to this page using ReadSpeaker
20 de abril de 2012.

Xunta de Galicia. A Unión de Sociedades Gallegas -que reúne máis de 40 asociacións-, os Hijos del Ayuntamiento de Boiro, o Círculo Social del Val Miñor, a Asociación Hijos de Zas e os Hijos del Ayuntamiento de Mos son as institucións que o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, visitará na súa viaxe a Arxentina que comezou onte xoves e finaliza o domingo, día 22.

Tamén está previsto que o Secretario Xeral visite o centro Hijos del Ayuntamiento de Boiro, en Avellaneda, onde mantería unha reunión co seu presidente, Valentín Beiro Castro.

O domingo, ás 11.00 horas, Santiago Camba visitará o centro Círculo Social do Val Miñor. A continuación, ás 13.30 horas, participará no 89º aniversario da Asociación Hijos de Zas; e ás 15.00 horas, no 84º aniversario de Hijos del Ayuntamiento de Mos.

998 lecturas