«Excursión itinerante», un novo proxecto da Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Capela en Cuba

Listen to this page using ReadSpeaker
30 de decembro de 2011.

Sociedad Hijos del Ayuntamiento de CapelaA Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Capela en Cuba contou coa participación dun nutrido grupo de mozos e mozas no proxecto sociocultural da entidade Excursión itinerante.

A presidenta da sociedade, Juana Caridad Fernández Pérez, destacou a importancia do proxecto como unha das iniciativas máis importantes da institución durante este ano. Fernández informou nunha reunión coas e os participantes que forman os diferentes proxectos do seu especial interese en mostrar o seu apoio a todos os proxectos que xurdan da iniciativa das e os mozos para conseguir un maior protagonismo asociativo.

Ademais, durante a reunión, propuxéronse dous proxectos que serán obxecto de análise da Xunta Directiva para a súa posta en marcha durante o próximo ano 2012.

 

Foto: Galicia en el Mundo

813 lecturas