Camba resalta a importancia de saber transmitir a herdanza da emigración e o "arraigo ás orixes" a fillos e netos
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu aos 130 participantes dos programas "Volver á terra" e "Ven a Galicia, ben en Galicia".
O secretario xeral da Emigración expresou que “grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”.
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantivo hoxe un encontro cos 130 participantes dos programas "Volver á terra" e "Ven a Galicia, ben en Galicia" procedentes da Arxentina e Andalucía, Canarias, Castela León, Madrid, Cataluña, Euskadi e Francia.
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, xunto a Julia Iglesias, quen interviu no acto de recepción
Santiago Camba expresou que “grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”. Así mesmo, Camba, recordou a importancia de saber transmitir esa herdanza e “a referencia de Galicia e o arraigo ás orixes” aos fillos e netos.
Camba enfatizou que eran estes “momentos para reencontrarse coas raíces, coas familias e lugares de orixe aos que enorgullecedes día a día”, subraiou. Por último o responsable da Emigración trasladou “o afecto e agarimo do Presidente- Núñez Feijoo- e a súa sensibilidade especialísima cos problemas que afectan aos paisanos que viven lonxe, traballando este executivo por tódolos galegos do mundo, estean onde estean”, concluíu.
O acto de recepción tamén contou coa intervención dunha das participantes, Julia Iglesias, de 67 anos quen emigrou a Buenos Aires en 1953 cando contaba con once anos de idade.
Durante estes días, desde a súa chegada o pasado 18 de novembro, os participantes desfrutan dunha estancia na Residencia de Tempo Libre do Carballiño desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra- propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe- e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. Pasada esta quenda regresarán aos seus lugares de residencia ou iniciarán unha estadía coas súas familias en Galicia- ata completar o tempo máximo de tres meses-.
Novas relacionadas