Camba garantiza desde Venezuela a mesma amplitude de dereitos para o retornado

Na que foi a súa primeira visita institucional ao colectivo de Venezuela o secretario xeral acodeu aos principais centros galegos do país e conmemorou o Día da Hispanidade coa Hermandad Gallega de Venezuela, que actualmente asocia a uns 10.000 galegos.

Listen to this page using ReadSpeaker
13 de outubro de 2009.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, conmemorou Día da Hispanidade xunto á colectividade na Hermandad Gallega de Venezuela- Caracas- que actualmente asocia a uns 10.000 galegos. Na que foi a súa primeira visita institucional ao colectivo de Venezuela o secretario xeral acodeu ás principais entidades con forte arraigo no país “destino preferente dos galegos durante décadas e no que de foron capaces de labrarse un futuro malias adversidades, mantendo a súa herencia e os seus principios”.

Engadiu, Santiago Camba, - referíndose á diáspora residente na república- “a vosa incalculable contribución a Galicia e a construir un mundo mellor é algo que ao goberno da Xunta de Galicia non lle deixa indiferente”, ante “tal mostra de solidaridade, é momento de que aqueles que desexen voltar poidan facelo nas mellores condicións e coa mesma amplitude de dereitos que os galegos que viven en Galicia”.

Desde o área que dirixe, o responsable de Emigración, garantizou o deseño dun conxunto de medidas estratéxicas destinadas a aqueles que desexen voltar, coa finalidade última de que poidan exercer os seus dereitos en igualdade de condicións e coa mesma amplitude que os galegos que viven no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Favorecer o apoio ao retorno
Venezuela é o principal país de retorno dentro de todo o territorio autonómico, superando á Arxentina. Segundo datos do INE, un total de 831 galegos retornaron de Venezuela.

Galicia é a terceira comunidade autónoma, despois de Madrid e Cataluña, que recibe máis españois procedentes do estranxeiro. Isto indica a importancia do retorno a Galicia, que pasou de ser un país de emigración no pasado a ser un país de retorno nestes últimos anos, máis propiamente que de inmigración – se a comparamos coa totalidade de España-.

Esixencia de competencias ao goberno central
Santiago Camba apuntou desde Venezuela que “detectou importantes carencias socioasistenciais- fundamentalmente no colectivo de Caracas- nunha atención que é competencia central, tendo que chegar a Xunta onde o goberno de España non chega”. “as autonomías temos posto fronte á atención aos emigrantes porque nos últimos anos o goberno non soubo xestionar”, indicou.

A Fundación España Saúde e a Fundación para Españoles Dependentes, continuou Camba, “carecen de suficientes recursos e da cobertura necesaria de atención a favor dos emigrantes españois residentes en Venezuela e imos esixir ao goberno central que se ocupe e se corresponsabilice delo”.

A tarefa asociativa
Durante a súa estancia o secretario xeral da Emigración mantivo xuntanzas de traballos e reuniuse coas xuntas directivas das principais entidades galegas no país para coñecer de preto as inquedanzas e plantexamentos das diferentes asociacións. Santiago Camba, destacou o “fortalecemento das funcións substantivas dos centros e a importante tarefa asociativa que desenvolven, estímulo do noso esforzo desde Galicia”.

O secretario xeral da Emigración, nestes cinco días, achegouse ata as cidades de Caracas e Valencia- visitando a Hermandad Gallega de Valencia-, así como El Tigre- ao sur do país- e Lechería- no eixo norte costeiro de Anzoátegui-.

Así mesmo, o responsable da Emigración mantivo un encontro coa Fundación España Saúde, co cónsul de España en Venezuela, Julio Jiménez Abascal, e con distintas autoridades locais.

1622 lecturas