Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
1044 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 27 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2025.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
28.01.2025
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
  • Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Entidades destinatarias:

As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade.

Prazo de presentación: desde o 29-01-2025 ao 28-02-2025 (ás 23:59 hora española).

  • Prazo de presentación: desde o 29-02-2025 ao 14-03-2025 (ás 23:59 hora española).

Solicitude: Anexo I (Con carácter xeral só se pode solicitar axuda para un dos dous programas, Prog. A ou Prog. B).

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICTUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para descargar:

Máis información:

Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
14.03.2025