Asinado o Acordo de mobilidade para a mocidade entre España e Australia ("Work and Holidays")

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, García-Margallo, e o ministro australiano de Inmigración, Scott Morrison
O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, García-Margallo, e o ministro australiano de Inmigración, Scott Morrison
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 3 de setembro de 2014.

O ministro José Manuel García-Margallo e o ministro de Inmigración australiano Scott Morrison asinaron, coa asistencia da Vice Ministra Michaelia Cash, o pasado 3 de setembro este Acordo que permitirá de momento a 500 mozos e mozas estudar e traballar no outro país por un período dun ano.

Tras a firma do acordo no Parlamento de capital australiana, José Manuel García-Margallo declarou " Temos traballado duramente para concluír este Acordo. Estou convencido de que o límite de 500 visados ao ano quedará curto. Moitos mozos españois que xa están en Australia con visado de estudante quererán beneficiarse deste programa. Estou seguro que o Acordo supón unha oportunidade para que os mozos españois veñan a Australia, un país que ofrece enormes oportunidades".

 

Fonte e foto: Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación

828 lecturas