A Arxentina é o primeiro país en acoller a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2026, co dobre de medidas e orzamento ca anterior

O secretario xeral da Emigración, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, explicaron as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior.

Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines expuxeron os detalles do novidoso programa Retorna Emprego.

O Goberno galego destinará a este obxectivo, que incide en catro áreas principais (asesoramento, eido social, educativo e laboral), máis de 450 millóns de euros durante os próximos catro anos. 

No país andino residen máis de 182.000 galegas e galegos dos 529.000 que residen no exterior, máis dun terzo do total.

  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
Presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 na Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou no Club Español de Bos Aires ante máis de 350 persoas a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de Galicia, que duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, pioneira en España e aprobada en 2018. Á capital arxentina viaxaron tamén representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de xestionar o novidoso programa Retorna Emprego. A Arxentina, país no que residen máis de 182.000 das e dos 529.000 galegos do exterior, é dicir, máis dun terzo do total, foi o primeiro destino da presentación do documento. No acto estivo acompañado do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

Partindo da idea do retorno non só como un dereito, senón como unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega persoas de distintos países coa súa formación e experiencia profesional, a Estratexia Galicia Retorna ten como obxectivo facilitar o regreso de 30.000 retornadas e retornados nos próximos 4 anos, tanto emigrantes como as e os seus descendentes.

O secretario xeral da Emigración explicou que a Estratexia Galicia Retorna dá continuidade ao documento aprobado en 2018, o primeiro en España en abordar dun xeito integral o retorno. Cun cento de medidas e máis de 450 millóns de euros de presuposto, o dobre ca anterior, “persegue facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior”. Para acadar este reto, a Estratexia incide en catro áreas principais: asesoramento e seguimento, eido social, educativo e laboral.

Retorna Emprego
Segundo adiantou Antonio Rodríguez Miranda, a nova Estratexia conta cun importante protagonismo do eido laboral, porque “o emprego é imprescindible para asentar poboación, de aí que se destinen 175 millóns ao desenvolvemento de 38 medidas que teñen que ver coas competencias profesionais e laborais das persoas beneficiarias”. 

Unha das máis importantes é o programa Retorna Emprego, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que busca casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais dos retornados e retornadas. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. O Goberno galego investirá case 4 millóns nesta iniciativa coa que se dá un novo chanzo para adaptar as necesidades do mercado laboral á man de obra que precisa.

Os representantes das dúas fundacións encargadas de xestionar este programa expuxeron os detalles desta novidosa medida, que permitirá aos seus beneficiarios e beneficiarias volver á súa terra de orixe cun contrato dunha duración mínima de 12 meses e unha axuda económica para financiar os gastos iniciais, tanto da viaxe de ida a Galicia coma outros de establecemento na Comunidade. 

Vivenda e autoemprego
Ademais, e entre outras liñas de actuacións, traballarase en proporcionar instrumentos de atracción profesional, así como a súa incorporación ao mercado laboral a través de incentivos específicos. Tamén se potenciarán as plataformas creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico; intensificarase o apoio integral ás familias no retorno, e tamén ao emprendemento e ao autoemprego, en especial no rural; facilitarase o acceso a unha primeira vivenda a través de novas iniciativas para retornadas e retornados ou a incorporación desta figura a programas de axuda xa activos, como o bono de Aluguer Social.

As diferentes medidas incluídas neste documento buscan intensificar os esforzos para mellorar os resultados do retorno, sempre tendo en conta que a realidade social galega sitúa a Galicia entre as comunidades con maior volume de persoas que apostan por volver á terra de orixe.

726 lecturas