Emigración publica o listado de persoas seleccionadas no programa “Reencontros co Xacobeo” que permitirá a 205 galegas e galegos de máis de 65 anos de Europa, España e América, achegarse ao Camiño de Santiago

A convocatoria está dirixida a persoas de máis de 65 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

O programa, que recupera a convocatoria para os centros galegos de América, desenvolverase do 7 ao 14 de novembro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago.

O programa desenvolverase do 7 ao 14 de novembro
O programa desenvolverase do 7 ao 14 de novembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración  publica hoxe na súa páxina web os listados definitivos de entidades seleccionadas coa relación de persoas participantes no programa “Reencontros co Xacobeo” deste ano e que ten como obxectivo facilitar que 205 persoas de máis de 65 anos, vinculadas ás entidades galegas do exterior, poidan achegarse ao Camiño de Santiago.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos das persoas vinculadas ás entidades galegas con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago que existen tanto no resto das comunidades autónomas, como nos países europeos. Este ano volveuse a abrir a convocatoria tamén aos centros galegos de América.  

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes poidan colaborar como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que as entidades teñen a súa sede.

Esta iniciativa desenvolverase do 7 ao 14 de novembro. Consiste en realizar pequenas etapas do Camiño de Santiago e un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas visitadas.

Máis información nesta ligazón.

690 lecturas