Miranda presidiu en Samos o acto conxunto da 'Orde da Vieira' e a 'Xuntanza' de Alcobendas, dous dos colectivos de galegos residentes en Madrid máis activos

Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade.

A Enxebre Orde nomeou aos novos cabaleiros e damas, e a asociación do norte de Madrid comezou no mosteiro o percorrido dos socios e socias pola ruta xacobea.

  • Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
    Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
  • Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
    Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
  • Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
    Miranda comparou a eternidade e universalidade do Camiño de Santiago, que transcorre á beira do mosteiro, co sentimento de Galeguidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Samos/Santiago, 12 de setembro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá en Samos a celebración do Capítulo Extraordinario da Enxebre Orde da Vieira, ao tempo que saudaba o comezo do percorrido polo Camiño de Santiago da asociación Xuntanza de Galegos de Alcobendas.

Estas dúas colectividades de galegos residentes na Comunidade de Madrid fixeron coincidir as súas celebracións no mosteiro da localidade luguesa, un dos enclaves máis senlleiros da xeografía e historia galegas, e da rota xacobea, tal e como salientou no seu discurso o secretario xeral.

Así, Rodríguez Miranda asegurou aos presentes que “pasearedes e pisaredes a senda máis fermosa e famosa do mundo. Sobre cada paso voso hai milleiros anteriores, milleiros de voces anónimas que nos pregan, que nos berran, que manteñamos vivo o legado de séculos de historia gozosa e única. Camiñar, na senda xacobea, é formar parte dunha unión fraternal e universal con todos aqueles e aquelas que nos precederon. E nisto, o Camiño é igual que a Galeguidade da que formades parte”.

Unha unión que se demostra en accións compartidas como a de Samos, “coordinada entre unha entidade de marcado carácter lúdico e cultural, como é a Orde da Vieira -unha ‘irmandade de doadores de amizade e afecto’, como eles mesmos se definen- cunha comunidade galega nun sentido máis tradicional, pero que é quen de atraer de maneira moi singular e exemplar a atención da mocidade nada xa na sociedade de acollida, renovándose, reinventándose, indo da man dos novos tempos, entrando de cheo e pola porta grande neste século XXI”, segundo as verbas do responsable autonómico de Emigración.

 

A Orde da Vieira

A Enxebre Orde da Vieira iniciou a súa andaina no ano 1968. Este colectivo, promovido por galegos en Madrid, ten por sinal distintivo a retranca e a celebración de actividades lúdicas e culturais que manteñan viva e constante a presenza da Galeguidade en círculos influentes da capital española. De acordo coa súa propia definición, non recoñece “estatutos, nin presidencias, nin cotas” entre as e os asociados.

No Capítulo Extraordinario que celebrou a Orde en Samos foron investidos novos cabaleiros e damas os catedráticos Marcelino Agís, Luis Caramés, José María Eirós, e Johann-Christian Pielow, os profesores José Manuel Cabada e Abel Veiga, os empresarios Ovidio Campo, Alfonso Marco, Rafael Sánchez Rivera, José Sobrino, e Gaspar de Vicente, os avogados Consuelo Vázquez Rueda, Domingo Goás, e Antonio Troncoso, o escultor Cándido Pazos, o abade José Luis Vélez, e mailo deán da catedral de Santiago, Segundo Pérez.

 

Xuntanza de Alcobendas

Esta comunidade galega foi creada no ano 1988, e dela que forman parte máis dun milleiro de familias residentes nesta localidade do norte de Madrid. Trátase dun dos colectivos galegos con sede en España de maior actividade social e cultural, que mais viva mantén a chama da Galeguidade, e a fai perdurar en segundas e terceiras xeracións, xa nadas na capital española.

1292 lecturas