Alumnos e alumnas de Navia escriben un libro de relatos sobre a emigración

Os textos, en prosa e verso, están inspirados en fotos dos 50 e 60 realizadas no porto de Vigo a galegos e galegas que partían cara ao estranxeiro.

Imaxe da exposición 'Os adeuses', de Alberto Martí. Foto: CGAI.
Imaxe da exposición "Os adeuses", de Alberto Martí. Foto: CGAI.
Listen to this page using ReadSpeaker
Lugo, 21 de febreiro de 2013.

Un grupo de alumnos e alumnas do CPI Doctor Daniel Monje, de Navia de Suarna, vén de escribir un libro de relatos sobre a emigración. Os textos, algúns en prosa e outros en verso, están inspirados en imaxes de Alberto Martí tomadas nos anos 50 e 60 a galegos e galegas que se dispoñían a embarcar no porto de Vigo para cruzar o Atlántico cara ás Américas.

A directora do centro, Dolores Vázquez, explicou que esta actividade está encadrada no trimestre dedicado á emigración. «O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) cedeunos fotografías da mostra Os Adeuses, de Alberto Martí, para expoñer no centro. Nós pensamos cómo facer para que os rapaces non pasaran de largo por diante delas e pedímoslles que cada un escollera unha e escribira unha historia sobre ela», recorda a directora.

 

Fonte: El Progreso | Foto: CGAI

910 lecturas