A Fundación Galicia Europa mantén o seu compromiso coa difusión da cultura galega en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa prorroga un ano máis o acordo coa Consellería de Cultura para acoller persoal do seu departamento en Bruxelas

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado 14 de xullo o convenio que fai posible esta prórroga.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Fundación Galicia Europa vén de prorrogar por un ano o acordo de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo de xeito que esta poida destacar persoal propio na oficina que a FGE ten na capital comunitaria entre o 1 de setembro de 2011 e o 31 de agosto de 2012.

A Consellería de Cultura e Turismo precisa seguir contando con técnicos propios en Bruxelas para encargarse do seguimento da política comunitaria nos eidos de competencia do seu departamento así como para o desenvolvemento de actuacións culturais no ámbito da Unión Europea. Este novo convenio, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 14 de xullo, dá continuidade á colaboración que comezou no ano 2008.

O acordo enmárcase na liña de cooperación que a Fundación Galicia Europa establece coa Xunta de Galicia e outras entidades públicas galegas ofrecendo as súas instalacións na cidade belga para que se sigan in situ os avances nunha determinada materia relevante para a nosa comunidade, coma os convenios actuais coa Consellería do Mar ou coa Cámara de Comercio de Lugo.

740 lecturas