Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
01Outubro2026O delegado da Xunta na Arxentina transmítelles ás persoas participantes en “Reencontros con Galicia” que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron audio Alejandro López Dobarro presidiu en Bos Aires a reunión organizativa do programa Reencontros con Galicia 2026. O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro coas persoas participantes no programa Reencontros con Galicia 2026, antes de iniciar as súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos e galegas residentes na Arxentina poidan regresar a Galicia, reforzando así os lazos coa súa... Máis información
-
29Setembro2026Miranda reitera o compromiso coa colectividade galega en Canarias audio O secretario xeral da Emigración recibiu a Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia de Las Palmas. Agradece o papel da entidade no arraigamento dos galegos e as súas iniciativas culturais e sociais, como a Cabalgata de Reis. Nas Illas Canarias viven actualmente preto de 25.000 galegos e galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia de Las Palmas, para... Máis información
-
26Setembro2026Miranda felicita ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por “125 anos levando a identidade galega polo País Vasco” audio O secretario xeral da Emigración participou na conmemoración do 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. É o centro galego máis antigo de Europa e o segundo do mundo. Reafirma o compromiso da Xunta en seguir apoiando á comunidade galega en Barakaldo e en todo Biscaia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por levar 125 anos consecutivos “levando a... Máis información
-
25Setembro2026O programa ‘Xuventude Crea’ impulsa a participación da mocidade galega residente no exterior audio Este certame de mozos creadores, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. A Secretaría Xeral da Emigración financia o desprazamento dos galegos do exterior que accedan á fase final. Os gañadores poderán acceder a un programa de formación e mentorizaxe para desenvolver os seus proxectos empresariais. O prazo de presentación de solicitudes está... Máis información
-
23Setembro2026Miranda reafirma o compromiso da Xunta de axudar aos galegos do exterior a reencontrarse coas súas orixes audio O secretario xeral da Emigración fixo entrega das compostelas a participantes do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’ e dos diplomas aos do programa ‘Reencontros con Galicia’ 2025. 26 participantes do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’ recibiron a compostela, e 15 de ‘Reencontros con Galicia’ 2025 o diploma. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reafirmou o compromiso da Xunta por axudar aos galegos e ás galegas... Máis información
-
23Setembro2026Miranda mostra en Caracas a proximidade e a colaboración do Goberno galego cos afectados polo sismo do pasado mes de xuño audio O secretario xeral da Emigración visitou a oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela e reuniuse coas persoas afectadas polo terremoto que recibirán as axudas de emerxencia social e extraordinarias. A Xunta xa aportou 300.000 euros de axudas específicas para axudar aos afectados polo terremoto. O crédito da liña de apoios específica para esta emerxencia é de 500.000 euros e aínda poden solicitarse ata o 1 de decembro. A través... Máis información
-
22Setembro2026Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina. Trasladoulle ao cónsul o esforzo realizado polo Goberno Galego para acompañar ás familias máis necesitadas, en particular ás afectadas polo terremoto. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia de que a Xunta de Galicia e a Embaixada de España en Venezuela traballen conxuntamente na atención dos galegos e... Máis información
-
22Setembro2026Miranda loa o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país audio O secretario xeral da Emigración reuniuse cos presidentes dos centros galegos en Venezuela, nun encontro no que tamén participou o cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina. Valora de primeira man as necesidades e retos destas asociacións despois do sismo do pasado mes de xuño. Reafirma o compromiso da Xunta cos galegos e cas galegas do exterior que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. No que vai de lexislatura, máis de 5.200... Máis información
-
22Setembro2026Miranda: “É fundamental para as nosas familias no país que a Hermandad Gallega de Venezuela siga a desenvolver o seu labor deste xeito tan entregado” audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa directiva da Hermandad Gallega de Venezuela. Actualmente, en Venezuela hai 30.000 galegos e galegas, das cales un 90% deles forma parte dunha entidade galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia que ten a Hermandad Gallega de Venezuela para a colectividade galega neste país americano, sinalándoa como “piar fundamental” para todas as familias galegas... Máis información
-
21Setembro2026Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo audio O secretario xeral da Emigración asistiu á clausura do Ciclo Mestre Mateo e á proxección da película Sirat no Centro Cultural Palacio Libertad. Salienta que, a través do ciclo, a Xunta puido achegar o cine galego a moitos países da man da colectividade galega. Grazas ao traballo da Delegación da Xunta en Bos Aires, o ciclo puido presentarse nun referente internacional da cultura tan destacado como o Centro Cultural Palacio Libertad da capital... Máis información
Páxinas |









