Miranda felicita ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por “125 anos levando a identidade galega polo País Vasco”
O secretario xeral da Emigración participou na conmemoración do 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo.
É o centro galego máis antigo de Europa e o segundo do mundo.
Reafirma o compromiso da Xunta en seguir apoiando á comunidade galega en Barakaldo e en todo Biscaia.
Miranda felicita ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por “125 anos levando a identidade galega polo País Vasco”.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por levar 125 anos consecutivos “levando a identidade e a cultura galega polo País Vasco”.
Miranda participou esta mañá no acto institucional celebrado con motivo da conmemoración do 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, por convite do presidente e da xunta directiva do centro. No acto, o secretario xeral salientou a entidade como un sostén fundamental da identidade galega no País Vasco, terra “tan importante para a emigración galega”. Actualmente, o País Vasco é a terceira comunidade autónoma na que máis galegos e galegas residen, con case 35.000.
Ademais, tamén quixo resaltar o labor deste centro galego durante os seus cento vinte e cinco anos de historia, nos que “viu pasar tantas xeracións” de emigrantes galegos, “cada unha coa súa historia, unhas mellores e outras non tanto, pero o centro sempre estaba alí, apoiando”. O Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo é o centro galego máis antigo de Europa e o segundo do mundo.
Por último, o secretario xeral agradeceu a Urbano Alba, presidente do centro, e a toda a directiva o seu labor, e reafirmou o compromiso da Xunta de seguir apoiando a comunidade galega que representa a entidade. Actualmente, este centro ten 588 socios e socias, dos cales 378 son galegos e galegas.
Novas relacionadas